“Berce do Son”
Venres 23 de outubro, 17.30 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”, a través do “Programa+ Música” da Deputación de Pontevedra.
-- Para a rapazada de 1 a 4 anos acompañados dun adulto, , cunha mestura de instrumentos acústicos enfocada aos mais pequenos.
-- As actividades son gratuítas e, para poder participar nelas, é necesaria inscrición previa na propia biblioteca, no tfno. 986732341, no e-mail biblioteca [arroba] concellodogrove.es ou nas Redes Sociais.
"Berce do son" a cargo da violoncellista Susana Blanco e a pianista Katerina Linke, é unha proposta musical inmersiva dirixida á primeira infancia, pensada para bebés e nenos/as pequenos/as acompañados por unha persoa adulta.
O espectáculo constrúese arredor do mar como presenza sonora, visual e sensorial.
A proposta combina obras do repertorio clásico con melodías tradicionais e arranxos propios adaptados á sensibilidade dos máis pequenos. Saint-Saëns, Satie, Offenbach, Grieg, Fauré ou Brahms dialogan con cancións mariñeiras e sonoridades próximas ao imaxinario da costa, nun percorrido delicado, evocador e accesible.
“Berce do son” non é un concerto pasivo: os bebés e as súas familias forman parte da experiencia. A través de pequenas cestiñas con materiais sonoros e sensoriais, o público convértese tamén en intérprete, acompañando a música con xestos, texturas, movementos e sons suaves.
