Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Servizos mínimos no SAF durante a folga dos días 10, 11, 24 e 25 de setembro de 2025

Fecha: 2025-09-11

O Concello do Grove informa de que, ante a convocatoria de folga no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para os días 10, 11, 24 e 25 de setembro de 2025, foi ditado o Decreto de Alcaldía n.º 2025-0609 co que se establecen os servizos mínimos.

Tendo en conta que o SAF é un servizo esencial, acreditado ante a Consellería de Política Social e Igualdade e prestado a través da empresa ATENDO CALIDADE, S.L., garántese que durante os días de folga se cubrirá o 50% do horario establecido para as persoas usuarias, tanto na modalidade básica como na de dependencia, co fin de asegurar a continuidade da atención e a protección dos seus dereitos fundamentais.