Aviso sobre posibles afectacions na recepcion da TDT polo despregamento de 4G e 5G
Fecha: 2026-01-16
A entidade LLEGA700, designada pola Administracion Xeral do Estado, e a responsable de xestionar e resolver as posibles afectacions na recepcion da Television Dixital Terrestre (TDT) derivadas da posta en servizo de estacions base de telefonia movil 4G e 5G.
Este servizo non e prestado polo Concello, nin depende deste, limitandose o Concello a dar difusion a informacion recibida para coñecemento da cidadania.
Posibles incidencias detectadas
Tras o acendido de estacions base de telefonia movil, algunhas persoas usuarias poden experimentar problemas na recepcion da TDT, tales como:
Desaparicion de determinados canais.
Cortes intermitentes de imaxe ou son.
Perda total de sinal nalguns canais.
Actuacions e custo
As actuacions tecnicas necesarias para resolver estas incidencias son realizadas por LLEGA700 e son gratuitas para as persoas afectadas, sempre que se soliciten dentro do prazo establecido.
Prazo para solicitar a revision
O prazo para solicitar estas actuacions gratuitas finaliza o 31 de xaneiro de 2026.
Unha vez superada esta data, as posibles intervencions xa non estaran cubertas sen custo.
No caso de que no futuro se poñan en servizo novas estacions base de telefonia movil no municipio, abrirase automaticamente un novo prazo de seis meses para a resolucion gratuita de incidencias.
Como solicitar a actuacion
As persoas usuarias que detecten problemas na recepcion da TDT deben contactar directamente con LLEGA700 a traves do telefono gratuito de atencion ao usuario:
Telefono de atencion ao usuario: 900 833 999
Informacion adicional
Para calquera consulta adicional relacionada con este procedemento, esta dispoñible a Oficina Tecnica de Concellos de LLEGA700:
Telefono Oficina Tecnica: 900 831 902