Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Puntos de información juvenil en los IES

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) instala un punto de información nos institutos por mor de acercarlle os seus recursos á mocidade do Grove.

O alumnado dos centros poderá obter diferentes vantaxes deste punto informativo como: recibir información de actividades e recursos do Concello e doutros organismos públicos e incluso tramitar o carné xove, unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa. Para ser beneficiaria/o deste carné hai que ter entre 12 e 30 anos. A súa tramitación é moi sinxela, basta con cubrir unha solicitude, presentar o DNI e entregar os 6 € correspondentes ás taxas.

As datas destes puntos informativos son as seguintes:

  • IES Monte da Vila: 6, 7 e 8 de febreiro, durante o horario dos recreos (de 10.25-10.45 h e de 12.25-12.45 h)
  • IES Bizocas: 13, 14 e 15 de febreiro, durante o horario de recreo de 11.25-11.55 h)

Recordamos que a OMIX ten as súas oficinas na Casa Azul e o seu horario é de luns a venres de 08.50-15.00 h e os mércores de 16.00-20.00 h.


Todas las noticias