Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

 

Quen somos?

 

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) é un servizo do Concello do Grove onde ofrecemos unha intervención integral dende unha perspectiva de xénero.

 

No CIM do Grove prestamos asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e información sobre os recursos e calquera outra información encamiñada

á consecución da igualdade.

 

Rexémonos polos principios de anonimato da identidade das usuarias, respecto á vontade persoal, gratuidade de todos os servizos e confidencialidade.

 

 

Está formado por unha psicóloga e unha asesora xurídica.

 

 

Que facemos?

 

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tivesen competencias en materia de muller.
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas que se programen do seu ámbito territorial, así como as actividades e servizos desenvolvidos polo SGI
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica a mulleres víctimas de violencia de xénero.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

 

Onde estamos?

 

Rúa do Matadoiro, s/n (Lordelo)

 

Teléfono: 986 730 900                                   

Correo electrónico: cim@concellodogrove.es

 

Cal é o noso horario?

 

Información e atención xeral: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h

Atención psicolóxica: (con cita previa) de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h

Asesoramento xurídico: (con cita previa) luns e mércores de 10.00 a 15.00 h