Oficina técnica / Informes e proxectos
Enderezo |
Edificio admtivo municipal, 2º andar Rúa Xacobe Barral Otero, 3 36980 O Grove (Ver mapa) |
|
Licenzas de obra. Comunicacións previas.Informacións urbanísticas. Planeamento, licenzas... | ||
Teléfono |
986 733 386 |
|
Correo electrónico |
urbanismo@concellodogrove.es |
|
Horario de atención ao público |
Con cita previa Xoves, de 10.00 a 14.00 h Solicite a súa cita na Sede electrónica |
|
Infraccións urbanísticas | ||
Teléfono |
886 212 186 | |
Correo electrónico |
mase.cabanelas@concellodogrove.es |
|
Horario de atención ao público |
Con cita previa Xoves, de 9.00 a 14.00 h Solicite a súa cita na Sede electrónica |
|
Responsables |
Begoña Baúlo Santos |
Unha xestión eficaz do territorio e a busca dun equilibrio urbanístico nun concello que está a medrar constantemente e que é referente dunha comarca tan importante coma o do Salnés son dúas cuestións fundamentais para conseguir maiores cotas de calidade de vida da veciñanza do Grove.
Para acadar estes obxectivos, a Área de Urbanismo desenvolve as seguintes funcións:
- Redacción de toda clase de instrumentos de planeamento urbanístico para o desenvolvemento da vila, velando polo seu rigoroso cumprimento.
- Información e asesoramento ás persoas particulares e ás institucións.
- Tramitación das licenzas urbanísticas (obras maiores, obras menores, primeira ocupación, parcelación, etcétera).
- Supervisión das iniciativas urbanísticas das persoas particulares.
- Inspección urbanística, promovendo expedientes sancionadores ou reposición da legalidade urbanistica infrinxida cando sexa o caso.
- Xestión do patrimonio municipal do solo.
- Redacción e execución de proxectos de obras (urbanización de rúas, parques e xardíns, edificacións municipais, dotación de servizos básicos –iluminación, auga, saneamento-, etcétera).
- Declaración de ruína de edificios.