Casa do Concello do Grove
É a casa de todos os veciños e veciñas.
Traballan aquí parte do funcionariado do Concello e os representantes da cidadanía elixidos nas eleccións municipais.
Compételle ao Concello o goberno e a administración do municipio, así como inspeccionar e impulsar os servizos que satisfagan as necesidades do pobo do Grove.
Na Casa do Concello conviven órganos consultivos con outros de carácter executivo, como os que lles afectan á seguridade da cidadanía, á ordenación do tráfico de vehículos ou á protección do medio ambiente.
Enderezo
Praza do Corgo, 1
36980 O Grove
Pontevedra
Como chegar
En coche: pode estacionar no aparcadoiro do mercado municipal (a 100 m).
En autobús: a estación de autobuses está a 300 m.
Directorio
Baixo
- Sala das Cunchas (charlas/exposicións)
- Sala das Dornas (exposicións)
Primeiro Andar
- Sala de Xuntas
- Alcaldía
- Concellerías
Segundo Andar
- Salón de Plenos
- Técnica de emprego
- Deportes
- Xuventude-OMIX
- ADL
- Consumo–OMIC