Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Que é o perfil do contratante?

O perfil do contratante é o lugar da páxina web das administracións públicas en que se publica a información relativa á contratación administrativa, tal como os anuncios de licitación, as adxudicacións provisionais e definitivas e os pregos de contratación. Está regulado no artigo 42 da Lei de 30/2007, de contratos do sector público, e debe contar cun dispositivo informático que garanta o indubidable da data e hora de inicio de publicación no sitio web.

Advírteselles ás persoas interesadas que os textos dos pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas, así como os datos dos anuncios publicados que se ofrecen nestas páxinas, están destinados ao seu uso como instrumento exclusivamente informativo e, por tanto, carecen de validez xurídica.

A única documentación válida para poder licitar estes procedementos de contratación atópase publicadada no BOP de Pontevedra, no que respecta ao seu anuncio, e nos textos subscritos polo órgano de contratación que se entregan na oficina de información municipal en canto ás súas condicións técnicas e administrativas.

Contacto das ofertas do Concello do Grove

  • Teléfono do Servizo de Contratación: 986 730 975
  • Enderezo postal: Servizo de Contratación, Edificio Administrativo do Concello do Grove, rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, 36980 O Grove (Pontevedra)

As solicitudes, por escrito, dirixiranse ao órgano de contratación e presentaranse a través do Rexistro xeral do Concello do Grove.

Concursos abertos

Pendentes de adxudicar

Adxudicados provisionalmente

Adxudicados definitivamente

Anulados

Desertos