Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Corpo da Policía Local do Grove, dependente da Concellería de Deportes, Seguridade Policía Local e Emerxencias, ten como misión principal velar pola seguridade pública.

 

FUNCIÓNS

 

Unha das funcións máis importantes dun Concello é a de resolver os problemas derivados do tráfico viario, o medio ambiente, a seguridade cidadá, os conflitos privados e as situacións de risco ou emerxencia. A solución destes problemas canalízase a través da Policía Local, que, xa que logo, ten entre as súas funcións as seguintes:

  • Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no núcleo urbano.
  • Instruír os atestados correspondentes aos accidentes de tráfico ocorridos dentro do termo municipal.
  • Instruír os expedientes sancionadores en materia de tráfico.
  • Prestar auxilio en caso de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando nas tarefas de protección civil.
  • Previr a comisión de actos delituosos, mediante unha efectiva vixilancia das rúas, prazas e lugares do municipio.
  • Cooperar na resolución de conflitos privados.
  • Vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais.
  • Realizar informes de convivencia, de solicitudes de vao e ocupación da vía pública, localización e precinto de vehículos, actividades industriais, etcétera.
  • Auxiliar a Policía Xudicial.

 

Ademais destas funcións propias do servizo, desde a Policía Local realízanse ao cabo de ano numerosas actividades de información para diversos colectivos, pero especialmente para a poboación escolar do municipio.

 

CAMPAÑAS DA POLICÍA LOCAL

 

  • Control de velocidade
  • Control de ruídos
  • Utilización do casco protector
  • Cinto de seguridade
  • Control de ciclomotores
  • Outras

 

ORDENANZAS E REGULAMENTOS MUNICIPAIS

 

 

CONTACTO

 

Enderezo

Edificio da Policía Local

Avda. de Beiramar, 170

Ver mapa  
Teléfono 986 733 333
Fax 986 733 876
Responsable do servizo  
Concelleiro delegado Santiago M. Meis Otero