Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Dende a delegación da Concellería de Turismo estamos a traballar para que este paraíso que é O Grove se promocione nos mercados turísticos nacionais e internacionais.

 

O Grove, baixo o lema Paraíso do Marisco, engloba unha serie de recursos que fan única esta península de 21 km2.

 

O Grove vila mariñeira, todo ten neste pedazo de terra atlántica sabor e olor a mar. A Festa do Marisco é un fiel expoñente desta simbiose entre o mar e a terra.

 

O Grove vila termal, do cal son fiel reflexo o poder das augas termais da Illa da Toxa e a tradición termal da localidade.

 

O Grove enclave natural, paisaxe, natureza, sendeirismo, miradoiros.. As rías.

 

O Grove vila turística, hoteis, restaurantes, locais de copas, casino, barcos de paseo, acuario...

 

Este sector capital na economía e na creación de emprego da localidade depende en gran medida, é o que é, grazas ao traballo e o bo facer dos profesionais e dos veciños e veciñas do Grove.

 

Por iso a Concellería de Turismo acompaña o seu labor de promoción con diferentes actividades en que se teñen en conta os colectivos empresariais da localidade a través do Concello Sectorial do Turismo como elemento de participación cidadá nos asuntos públicos.

 

Ademais, e de xeito directo, a Concellería de Turismo xestiona:

  • A oficina de información turística do Corgo, onde atendemos preto de 25.000 persoas ao ano e damos cumprida información turística da localidade e da comarca.
  • A asistencia a feiras, así como a organización dos diferentes eventos e actividades que desenvolvemos na localidade ao longo do ano. E, por suposto, mantemos á disposición de quen nos visite na procura de máis información, a web www.turismogrove.com.

Horario de la Oficina de Turismo:

Luns - Fechado 

De Martes a Venres: 10.00-15.00 h 

Sábados: 10.00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h 

Domingos e festivos: 11.00-14.00 h

Toda a información turística en www.turismogrove.com