A Concellería de Benestar Social do Concello do Grove, ten entre os seus obxectivos fundamentais acercarse cada día mais aos veciños e veciñas e darlles a mellor resposta as súas necesidades e problemas. Nesta páxina web toda a información referente aos distintos programas e servizos municipais orientados á protección das persoas, familias e colectivos, con especial incidencia naquelas persoas ou colectivos que, por calquera circunstancia, están en situación de desvantaxe social.
Os Servizos Sociais dependentes da Concellería de Benestar Social están atendidos por un equipo de profesionais que ofrecen a todos os cidadáns unha atención social, psicolóxica, educativa e de asistencia domiciliaria, ao tempo que desenrolan programas de prevención e inserción social.