Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

A Concellería de Cultura trata de facilitar o acceso, a xestión, o uso e a valoración da información que precisa, por unha banda, a cidadanía como apoio ao seu desenvolvemento persoal e á súa formación e, pola outra, a Administración no desenvolvemento do seu traballo.

Poñemos á disposición da veciñanza do Grove e da xente que nos visita todos os recursos bibliográficos e documentais dos que dispoñemos, uns recursos en constante proceso de renovación. Pretendemos ir mellorando e modernizando as nosas instalacións e equipamentos para ofrecermos o mellor servizo, cun equipo humano preparado e disposto a axudar.

Desexamos que os servizos con que contamos estean adaptados ás necesidades de toda a cidadanía e invitámola a que nos axude a melloralos coas súas opinións e suxestións.

Alén diso, esta concellería tamén ten entre os seus obxectivos o de coidar, poñer en valor e difundir o patrimonio de todo o noso municipio, implantando asemade medidas para a súa recuperación e revitalización.