A Xunta de Goberno Local estará integrada polo alcalde, que exercerá a Presidencia, e os/as concelleiros/as:
- M.ª Angeles Dominguez
- Santiago M. Meis Otero
- M.ª Pilar Galiñanes Castro
- Juan Otero Otero
- Fco. Javier Caneda Vidal
O réxime das sesións da Xunta de Goberno será o seguinte: a Xunta celebrará sesión ordinaria unha vez cada 15 días, preferentemente, os luns.
Non obstante, se as circunstancias o aconsellasen, a xuízo do alcalde, poderá este convocar a sesión con carácter de ordinaria un día distinto da semana e á hora que estime adecuada, respectando sempre a periodicidade mínima antes establecida e as normas legais sobre forma e prazos das convocatorias.
Ademais, a Xunta celebrará sesións extraordinarias e reunións deliberantes cando con tal carácter sexan convocadas polo seu presidente.
Resolución sobre a Xunta de Goberno