Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Todos e todas debemos contribuír, como consumidores e consumidoras, á reciclaxe dos materiais que integran a nosa vida diaria. Preservar as materias primas e manter o equilibrio da natureza é unha obrigación que temos que asumir para gozar da contorna.

O esforzo realizado por todo o mundo á hora de colaborar eficazmente coa recollida selectiva xera multitude de beneficios, tanto económicos como ambientais.

Grazas á súa colaboración é posible que os envases se poidan reciclar e así contribuír a darlles unha segunda vida, evitando que terminen nun vertedoiro.

Reciclar significa:

  • Aforrar auga e enerxía.
  • Evitar a emisión de substancias contaminantes ao aire que respiramos.
  • Darlle unha nova oportunidade ao futuro da nosa vila.

Recorde!

Colector amarelo: nel deberá depositar só envases de tres tipos:

  • latas e envases metálicos.
  • envases de plástico.
  • envases tipo brick.

Colector azul: para depositar papel e cartón.

Iglú verde: este colector está destinado só a envases de vidro.

Ademais doutros específicos para outros residuos que, non sendo reciclables, é importante depositar no lugar apropiado.