Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Presentación

O Concello do Grove defende que a educación debe ser un dos piares básicos para crear unha sociedade de futuro, preocupada polos problemas sociais e persistente na procura de solucións consensuadas.

Por iso, desde esta concellería apostamos por novos proxectos dedicados a todos os grupos sociais do concello. O traballo desta concellería non ten como único obxectivo os cidadáns e cidadás en idade escolar, as súas actuacións esténdense a todas aquelas persoas que teñan inquietude por non parar de aprender, por coñecer novas experiencias e propoñerse novos retos.