Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A reestruturación funcional de tecido urbano, realizada dun xeito integrador, tendo en consideración a importancia do medio rural, a conservación ambiental e a necesaria dotación de elementos comunitarios é unha das premisas deste departamento.

 

As actuacións de cara a optimizar os servizos de saneamento, abastecemento de augas, iluminación, mobilidade, parques e xardíns son tamén indicadoras da mellora da calidade de vida.

 

O noso obxectivo principal será estimular o impulso de medidas encamiñadas a facer compatibles o medio ambiente co desenvolvemento social e económico e viable desde o punto de vista ambiental, económico e xurídico.

 

 

------------------------------------------------------------

 

 

O Concello do Grove levou a cabo as melloras do camiño rural de Reboredo e a recuperación do antigo Camiño Real de Ardia, que foron financiados pola Unión Europea cunha axuda de 25.314,05 € sobre un investimento total de 30.630 €, dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, anualidade 2020-2021.

 

Os traballos realizados consistiron na eliminación de raíces que deterioraron a capa de rodada dunha vía no lugar de Reboredo e o seu posterior asfaltado para recuperar un acceso utilizado pola veciñanza deste lugar da parroquia de San Vicente. Igualmente, levouse a cabo a roza e acondicionamento dun dos antigos camiños de entrada ao Grove dende tempos inmemoriais, utilizando para isto unha capa de firme e xabre que permite a recuperación do uso e o acceso ás parcelas agrícolas lindantes.

 

Esta obra está financiada a través de Agader con fondos Feader: Europa inviste no rural.

 

 

 

-----------------------------------------------

 

 

O Concello do Grove foi subvencionado en 2018 cunha subvención da Deputación de Pontevedra de 15.000,00 € para desenvolver un Plan de Mobilidade Sustentable.