Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA CON NOVAS PROPOSTAS DO VERÁN CULTURAL

Fecha: 2023-08-11

 O Grove, 11 de agosto de 2023.- O Concello do Grove, dentro do programa Verán Cultural, continúa a vindeira semana con novas propostas culturais.

 

O martes 15 de agosto, a partir das 21.00 h,  ofrecerase a actuación da agrupación do Grove “Cinco en Zocas” na emblemática Salgadeira Vella de Punta Moreiras e con entrada libre.  “Cinco en Zocas” é unha agrupación de canto tradicional que mestura o tradicional con harmonías a través dun labor de recollida e formación das melodías que trasladan as mensaxes dos antepasados á actualidade.

O mércores 16 de agosto será a quenda do Cinema de Verán.  A partir das 22:00 h proxectarase na Rúa Santo Antonio “La Casa Gucci” recomendada para maiores de 12 anos. Esta película está dirixida por Ridley Scott e  protagonizada por Lady GagaAdam Driver, ademais de Jared LetoJeremy IronsSalma Hayek e Al Pacino.

O xoves 17 de agosto, ás 21.00 h, terá lugar na Praza do Corgo a actuación de “Galifunk Brass”, un grupo que xorde como unha aposta de músicos, todos eles profesionais, que teñen en común o gusto pola música actual así como da música disco, dos 70’s, funky… Buscando sempre ser orixinais e inspirándose nas brass band americanas, crean un repertorio amplo e variado, con arranxos propios e innovadores.

 

cartel