Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Matriculados PAI e apertura prazo extraordinario

Fecha: 2023-09-04

 

 

 Publícase a listaxe dos 16 solicitantes que formalizaron a matrícula nas prazas do Punto de Atención a Infancia (PAI) para o curso 2023-2024.

 

Xa que logo da formalización das matrículas no prazo ordinario, quedaron TRES prazas dispoñibles no PAI, convocase a apertura dun prazo extraordinario de matriculación para presentación de novas solicitudes de todas aquelas persoas interesadas que non puideron presentalas no prazo ordinario.

 

Este prazo extraordinario comezará o día 4 de setembro, e durante 10 días hábiles os interesados poderán presentar a documentación.

 

Se o número de solicitudes presentadas non supera o número de prazas dispoñibles (neste caso TRES), estas quedarían admitidas para formalizar posteriormente a matrícula.

 

No caso de que o número de solicitudes exceda o número de prazas dispoñibles, será necesario realizar un novo proceso de baremación, podendo formalizar posteriormente a matrícula as tres solicitudes que obteñan a maior puntuación, e quedando todas as demais que presentaran a documentación completa, en lista de espera.

 

A documentación necesaria para presentar as solicitudes é a mesma que a requerida no prazo ordinario:

 

- Anexo I,

- Anexo II,

- Caso de ser necesario, o anexo III

- DNI/NIE da persoa solicitante

- Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

- Volante de empadroamento da nena ou do neno e dunha das persoas proxenitoras ou representante legal expedido polo concello en que residan (con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitude).

- Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) da persoa solicitante correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento da presentación da solicitude

- Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude

- Inscripción como demandante de emprego

 

Para máis información véase o apartado de documentación presentada no anexo I

 

As solicitudes poden presentarse no Rexistro do Concello ou na Sede Electrónica.