O CONCELLO DO GROVE OFRECERÁ DURANTE A FIN DE SEMANA O CICLO DE MAXIA FAMILIAR “TARDES MÁXICAS EN MOREIRAS”
Fecha: 2023-09-04
O Grove, 4 de setembro de 2023.- O Concello do Grove ofrecerá durante a fin de semana o ciclo de maxia “Tardes máxicas en Moreiras” dirixido a público familiar e infantil.
Este ciclo desenvolverase os días 8, 9 e 10 de setembro no almacén Vello de Punta Moreiras a partir das 18,00 h e está pensado para que todos os membros da familia poidan divertirse xuntos antes de volver á rutina das clases e do traballo.
Participarán 3 magos especialistas en maxia infantil e intervirá o factor sorpresa, xa que o público asistente no saberá que magos actúan cada día nin que espectáculo ofrecerán, polo que o terán que pescudar asistindo ao espectáculo.
Os magos que tomarán parte neste ciclo de maxia son:
Mago Raferty, mago profesional de Guadalajara especialista en maxia infantil e familiar, con máis de 14 anos de experiencia e que conta con numerosos espectáculos, galas, contos con maxia e talleres.
Kayto mago profesional de Madrid, considerado un dos mellores magos infantís de España, premio Warner Bross de maxia infantil. Ligado ao mundo do espectáculo desde fai moitos anos, conta con numerosos espectáculos de maxia infantil, maxia para bebés, maxia itinerante, ilusionismo e pallasadas máxicas.
Mago Paco, mago profesional de Pontevedra especialista en maxia infantil e familiar, moi coñecido no Grove e que conta con numerosos espectáculos.