CAMPAÑA MERCANOGROVE 2023
Fecha: 2023-09-06
VOLVE A CAMPAÑA MERCANOGROVE, CUNHA TERCEIRA EDICIÓN DE BONOS PARA TROCAR NO COMERCIO LOCAL E NA HOSTELERÍA.
Nesta 3ª edición, o concello do Grove volverá a aportar 20.000€ para a emisión dunha partida de 2.000 paquetes de bonos por valor de 30€, repartidos en dous “billetes por valor de 10 euros e outros dous por valor de 5 euros” (10 10 5 5).
Deste xeito, asegúrase un investimento de 60.000 que recaerán directamente nos negocios, establecementos comerciais e locais de hostalería de O Grove.
O custo de adquisición para os cidadáns será de 20€, asumindo o concello unha cantidade equivalente a 10 euros por bono, que se poderán adquirir a través da web www.mercanogrove.com e coa que se recibirán os códigos para trocar no comercio local.
Tras a boa acollida da última campaña, repetiráse nos mesmos termos, coa novidade de que esta edición integra tamén a locais de hostelería e restauración.
Igualmente, levaráse a cabo coa colaboración de Emgrobes, que dende a asociación lle darán cobertura e a asistencia técnica ás empresas adheridas a iniciativa.
A campaña terá lugar dende o 19 de setembro ó 19 de decembro.
Abríndose o plaxo de inscripción por parte dos locais comerciais e hosteleiros, dende a publicación das bases, ata o 15 de setembro.
Bases:
Bases da campaña "MERCANOGROVE"
Trámite electrónico de adhesión:
ADHESION DE COMERCIOS A CAMPAÑA MERCANOGROVE
Documento de adhesión
Guía de axuda de tramitación