Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres

Fecha: 2024-02-13

A Concellería de Igualdade do Concello do Grove convoca a edición décimo terceira do Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres. Como en anos anteriores, para participar deberanse presentar imaxes que reflictan o facer das mulleres nos diferentes eidos da vida (social, laboral, político, artístico, creativo, de ocio...).

A este certame poderá inscribirse toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada, presentando un máximo de tres fotografías en formato dixital. As fotos, que serán orixinais e non premiadas noutros concursos, poderán ser presentadas en formato horizontal ou vertical, tanto en cor como en branco e negro.

 

Para concorrer ao certame, as fotografías deberán enviarse en formato dixital ao enderezo de correo electrónico 08marzogrove@gmail.com acompañadas da correspondente folla de inscrición cuberta, dunha declaración de responsabilidade asinada e dunha copia do documento de identidade da autora ou autor.

 

O prazo de inscrición estará aberto desde a publicación das bases na páxina web do Concello do Grove (www.concellodogrove.es) ata o día 3 de marzo de 2024, incluído.

 

O xurado, composto por integrantes do Consello Local de Igualdade (CLI) e por profesionais relacionados coa arte e a fotografía, outorgará un primeiro premio de 350 euros, un segundo de 250 e un terceiro de 150 euros.

 

O nome das tres persoas galardoadas darase a coñecer na páxina web municipal o día 8 de marzo de 2024. Ademais, a fotografía gañadora será empregada na campaña do Día Internacional das Mulleres e as 20 fotografías con maior puntuación formarán parte dunha exposición.

BASES CONCURSO DE FOTOGRAFIA 8M