Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

VERÁN CULTURAL 2024 Concello do Grove

Fecha: 2024-06-25

O Grove, 25 dexuño de 2024.- O Concello do Grove organizou un intenso programa cultural para os meses de verán con diversos espectáculos co fin de buscar o desfrute e participación do público de todas as idades. Esta programación conta co patrocinio do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia e + Música da Deputación de Pontevedra.

Cinema de verán

O cinema de verán volve ao enclave da Rúa de Santo Antonio. Este ciclo arrancará o día 2 de xullo coa película A todo tren 2, recomendada para público familiar e infantil. Así mesmo, tamén se ofrecerán as proxeccións dos filmes Hasta el cielo, SICA e La Ciudad perdida.

Xoves musicais

Os xoves musicais terán lugar na Praza do Corgo coa participación de grupos de diferentes estilos e para diversos públicos. O ciclo dará comezo o xoves 4 de xullo coa actuación de Arroba de Viño.  O xoves 1 de agosto Pepe Piña & Os Robinsons achegarán ata a Praza do Corgo as mellores versións dos grandes  dos anos 70 e 80.

O xoves 8 de agosto o cuarteto de arpa e voces Lulavai interpretará sobre o escenario do Corgo temas con orixe na música tradicional galega, e outros de carácter máis persoal, con inspiración noutras músicas do mundo, e noutros estilos musicais con delicados arranxos para o instrumento principal que é a arpa e as voces, e utilizando tamén outros instrumentos de percusión que aportan a variedade tímbrica e o son orixinal de Lulavai.

A agrupación meca Comando Desorden pechará este ciclo o xoves 22 de agosto.

Actividades infantís

Para o público infantil organizouse o programa Biblioactividades que se desenvolverá os martes. Este programa arrancará o martes 9 de xullo co espectáculo de monicreques “O galo Quirico e amigos” a cargo de Marionetas Seisdedos na biblioteca Municipal do Grove. Seguiranlle “Conto contigo” a cargo de Expresión Produccións, “Chungo que te kagas” de Peter Punk e “Travesía Unicornio” de Teatro dos Ghazafelhos.

O martes 23 de xullo, ás20.30 h,  ofrecerase na Rúa alcalde Xacobe Barral Otero o espectáculo de narración oral “A viaxe feliz de RamónSanfiz” a cargo de Fantoches Baj.

Ademais, o mércores 28de agosto, ás 20.00 h, terá lugar na Praza do Corgo o espectáculo do Centro Dramático Galego “de Vilalegre a Vilatriste” dirixido a público infantil e familiar.

Día da Patria Galega

O 25 de xullo, Día de Galicia, celebrarase co actuación da Orquestra de Cámara Galega. A excelencia interpretativa da OCGa permítelle abarcar un amplo repertorio, desde o barroco ata os nosos días, asumindo o compromiso de dar a coñecer a música de compositores galegos , cunha especial mención á obra do compositor Rogelio Groba Groba.

O concerto, subvencionado polo programa “+ Música” da Deputación de Pontevedra,  comezará ás 21.00 h no Auditorio do Grove. Para asistir será necesario recoller convites na Biblioteca Municipal do Grove e na oficina de Turismo.

Moreiras Cultural

Dentro da programación cultural de verán, este ano adquirirá un especial protagonismo o espazo natural e etnográfico de Punta Moreiras. A Salgadeira Vella acollerá diversas actividades e concertos de diferentes estilos musicais.

O venres 19 de xullo, a partir das 21.00 h, ofrecerase a actuación de David Chiquillo e Lote. O venres 2 de agosto poderase disfrutar co concerto de Clara Pino, arpa celta e voz,  e Pablo Vidal, contrabaixo, piano e voz.

Así mesmo, tamén se organizou unha Semana cultural en Moreiras durante o mes de agosto na Salgadeira Vella. Dará comezo o martes 13 de agosto co espectáculo de narración oral “Romaría” a cargo de Raquel Queizas e dirixido a todos os públicos; o mércores 14 de agosto proxectarase a película de animación “Pinocho” de Guillermo del Totto, o xoves 15 de agosto será a quenda da música tradicional galega a cargo do grupo local Cinco en Zocas. Xa, para rematar, o sábado17 de agosto a agrupación Mekpoetic, coa colaboración do Concello doGrove, organizou unha festa poético musical “Versos nas Salgadeiras”.

Asociacións Culturais

O programa tamén inclúe actividades de asociacións culturais coas que colabora o Concello:

O mércores 24 de xullo na Praza do Corgo a agrupación musical os Firrás ofrecerá unha nova edición de Noite de Serenatas coas actuacións de Trobeiros da Ponte e Os Firrás

O sábado 24 de agosto, no Auditorio do Grove, a coral polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño ofrecerá o seu tradicional Concerto de Verán.

Exterior programa


Interior folleto