Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE SEGUE ACHEGANDO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA Á LECTURA E AO TEATRO.

Fecha: 2024-11-07

O Grove, 06/11/2024.- O Concello doGrove ofrecerá durante o mes de novembro diversas actividades para fomentar ogusto do alumnado de educación infantil e primaria pola lectura e o teatro.

 O venres 15 de novembro, a partirdas 11.00 h, representarase na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” a obra “OCensor de monstruos” a cargo de Barafunda.

 A libraría máxica

O mércores 20 de novembro, a partirdas 11.00 h, representarase na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” a obra “Alibraría máxica” a cargo de Inventi Teatro.

A libraría máxica é unha divertidapeza teatral que rende homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e queachega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega. Nesta pezadous simpáticos libreiros, interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso,ofreceranlle o libro perfecto grazas a súa capacidade de atopar o contonecesario para cada persoa e ocasión!

Os Bolechas tocan nunha grandeorquestra. Programa FalaRedes 2024.

O venres 29 de novembro, a partirdas 11.00 h, no Auditorio do Grove, ofrecerse o espectáculo “Os Bolechas tocannunha grande orquestra” enmarcado no programa Falaredes 2024 da SecretaríaXeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Este teatro de monicreques estádirixido á rapazada de 4 a 9 anos e combina o teatro de monicreques coa músicapara que, nun contexto distendido e alegre, os nenos e as nenas poidan gozar denovas experiencias en galego. Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xuntoco seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atoparunha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. Amedida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan,aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións.Anímaste, xunto cos Bolechas, a experimentar cos instrumentos e crear novosritmos?

 Visitas escolares

Así mesmo, ao longo de todo o mesde novembro, continuarán as visitas escolares na Biblioteca Municipal do Grovee na Axencia de Lectura de San Vicente que se desenvolverán en dúasmodalidades:

  • Visita do alumnado ás bibliotecaspara achegar a rapazada ao mundo máxico da biblioteca dunha forma lúdica edivertida, coñecendo de primeira man as instalacións, os fondos e ofuncionamento dunha biblioteca. Estas actividades veñen acompañadas dalgunhaactividade ou taller relacionado coa animación lectora onde escoitarán contosen diferentes formatos e realizarán actividades relacionadas con ese conto.
  • Visita da biblioteca aos centroseducativos. Actividade de formación de usuarios e animación lectora ondepretendemos achegar a biblioteca e a lectura aos mais pequenos que serealizarán nos propios centros educativos, nas súas bibliotecas. Estas visitasveñen acompañadas dalgunha actividade ou taller relacionado coa animaciónlectora onde se len contos en diferentes formatos e se realizan actividadesrelacionadas co conto lido.

Grazas á colaboración do Concellocos centros educativos de ensinanza infantil e primaria do Grove, o alumnadopoderán participar nestas actividades.

cartel