Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE ORGANIZA UN COMPLETO PROGRAMA CULTURAL PARA O MES DE DECEMBRO

Fecha: 2024-11-26

O Grove, 26/11/2024.-O Concello do Grove ofrecerá durante o mes de decembro un completo programa cultural con diversas actividades para diferentes idades.

En Branca e negra. 5 de decembro, 19.30 h na Biblioteca Municipal do Grove

Espectáculo de narración oral dirixo a público xuvenil e adulto.

“En branca e negra” é o proxecto impulsado pola músico,cantante e escritora Amor Herrera e a contadora, bibliotecaria e filóloga Cris de Caldas. Este espectáculo combina elementos da narración oral co teatro e a música en directo para presentar unha serie de historias. Con poesía, música e cancións en directo, irán construíndo un carrusel de emocións que non deixará indiferente a ninguén.


De algo hai que morrer. 15 de decembro, 19.30 h no Auditorio do Grove

Espectáculo teatral dirixo a público xuvenil e adulto.

O 15 de decembro chega ao Auditorio do Grove a obra “De algo hai que morrer” a cargo de Malasombra Produccións, financiado polo Circuíto + Escénicas da Deputación de Pontevedra

Os protagonistas son Xoque Carbajal e Jouse García. “De algo hai que morrer” é un espectáculo con moito humor, quefai chorar de risa e convida a reflexionar sobre a morte. Dous peculiares científicos, o Profesor Jeckill e o Profesor Hyde, asesoran en temas prácticos como a negociación con funerarias ou como pasar o casting para pantasma ou zombi. 

As entradas terán un custe de 5,00 €e  poderanse adquirir na Biblioteca Municipal do Grove o 13 de decembro  e no propio Auditorio o 15 de decembro. 


No Nadal toca... Maxia. 23 de decembro, 18.00 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”. É necesaria inscrición previa

Espectáculo de maxia a cargo da compañía “Magia en la manga” dirixido a público familiar a partir de 4 anos e financiado polo Circuíto+ Escénicas da Deputación de Pontevedra.

Un espectáculo temático de Nadal de “No Nadal toca... Maxia” que, ademais de ser participativo, divertido e moi máxico, dará un toque único á celebración cun fondo de escenario de Nadal e maxia pensada especialmente para estas datas.


Un día na fonda e escura fraga. 26 de decembro 18.00 h na Biblioteca Municipal do Grove,. É necesaria inscrición previa

Espectáculo de narración oral dirixido a público familiar a partir de 4 anos a cargo de Patasdepeixe e da man de Olaia Otero.

Este ano o Grúfalo cumpre 25 anos e vaise celebrar cun divertido contacontos no que se conta a vida do Grúfalo e tamén as aventuras da súa filla , que é un pouco rabuda e desobediente.

 

 

Escape-Room científico. 27 de decembro, 17.00 e 18.30 h na Biblioteca Municipal do Grove.

O 27 de decembro “Héroes de la ciencia” desenvolverá na Biblioteca Municipal do Grove un Escape Room científico con temática de Nadal para a rapazada a partir de 8 anos.

Ofreceranse dúas sesión, unha ás 17.00 h e outra ás 18.30h, e, para participar, é necesaria inscrición previa.


Contos e Cantarelas. 30 de decembro, 18.00 h. É necesaria inscrición previa

Espectáculo de narración oral dirixido á rapazada  a partir de 2 anos e financiado polo Circuíto+ Escénicas da Deputación de Pontevedra.

Un espectáculo que combina contos,teatro e cantarelas para os máis pequenos. Unha cesta chea de historias, bocadillos, música… e ata un parasol por se fai moita calor. A esta celebración vai vir tamén un crocodilo moi curioso, tres chivos chivóns e un ogro pasmón.


Exposición XII Concurso Ernesto Goday. Decembro

Do 1 de decembro ao 15 de xaneiro pódese visitar na sala de exposicións da Biblioteca Municipal do Grove a exposición do XII Certame de Pintura “Ernesto Goday”.