Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GROVE ACADAN UN NOVO RECOÑECEMENTO A NIVEL NACIONAL

Fecha: 2024-12-18

  • A Biblioteca do Grove foi galardoada cun novo premio María Moliner polo proxecto “Biblioteca e máis”


O Grove, 18.12.2024.- As actividades de dinamización lectora desenvolvidas na biblioteca municipal do Grove acadan un novo recoñecemento a nivel nacional. O programa de dinamización lectora  “Biblioteca e máis” logra un novo Premio María Moliner para a biblioteca do Grove, o que supón un aporte económico de 2.777,77 € para a adquisición de libros.

O proxecto de dinamización desenvolvido pola biblioteca do Grove obtivo unha puntuación de 71, o que a sitúa entre as  mellores a nivel estatal e a nivel autonómico.

Con este novo recoñecemento son xa 13 os premios obtidos pola Biblioteca Municipal do Grove: no 2005, no 2006 e, de forma ininterrompida, en todas as edicións desde o ano 2011. 

As puntuacións obtidas polas programacións da Biblioteca Municipal do Grove a sitúan entre as mellor valoradas do panorama nacional con proxectos dirixidos a fomentar a biblioteca como organización cultural e comunitaria, máis aló dos seus límites de espazo físico, con programas completos, ben expostos con actividades interesantes e ben desenvolvidas, tanto no contido como no formal.


FOTO