Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Escola de Música amplía prazas e abre inscrición para novos alumnos

Fecha: 2025-01-27

Desde a Concellería de Educación, infórmase da ampliación de 120 a 140 prazas para a Escola de Música a partir deste ano 2025, segundo o compromiso adquirido.

Como parte desta ampliación, ábrese o prazo para a inscrición de 20 novas prazas en diferentes instrumentos con vacantes dispoñibles na actualidade.

As solicitudes serán atendidas en primeiro lugar segundo a lista de agarda, priorizando aos alumnos que xa solicitaran praza previamente.

Instrumentos dispoñibles:

Saxofón
Guitarra
Violonchelo
Percusión/Batería
Frauta
Trompeta
Bombardino
Clarinete

Como inscribirse?

Presencialmente: No Rexistro do Concello (Edificio Administrativo, Rúa Alcalde Xacobe Barral, 3) en horario de 9.00 a 14.00 h.
Online: A través da sede electrónica: https://concellodogrove.sedelectronica.gal/

Apertura do prazo: Martes 28 de xaneiro. Sen prazo de peche, ata completar as prazas dispoñibles.
Inicio das clases: Luns 3 de febreiro.

Os impresos de inscrición están dispoñibles na web do Concello dende ESTA LIGAZÓN ou en formato papel na planta baixa do Edificio Administrativo.

Publicación de listaxes:
Venres 31 de xaneiro: Listaxe de admitidos e lista de agarda por orde de entrada no Rexistro.