A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GROVE OFRECE DURANTE O MES DE MARZO UNHA PROGRAMACIÓN PARA HOMENAXEAR O TRABALLO DAS MULLERES CREADORAS NO CAMPO DA LECTURA
Fecha: 2025-03-07
O Grove, 07/03/2025.-O Concello do Grove ofrecerá durante o mes de marzo unha programación especial da biblioteca municipal dirixida a homenaxear o traballo das mulleres creadoras no campo da lectura.
Vicio houbo sempre. 14 de marzo, 19.30 h na biblioteca Municipal do Grove
Espectáculo de narración oral dirixo a público adulto a cargo da grovense Atenea García.
Divertida e fresca proposta de narración oral parapúblico adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade...
A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo séguenlle outras tantas onde as mulleres van contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas. A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiandocontos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta
Contos en lila. 21 de marzo, 17.30 h na biblioteca Municipal do Grove
Espectáculo de narración oral dirixido a público infantil a partir de 4 anos a cargo da contadora Cris de Caldas.
Das caixas máxicas dos contos saencarapuchiñas que non saben o seu conto, dragóns que parecen galos de curral, traballadoras en folga, princesas de pernas tortas e un neno que chora e provoca unha revolución. Precisamos un mundo que siga a ser azul pero cunha visión lila. Un mundo mellor, máis igualitario e xusto. Con princesas valentes, nenos con dereito a chorar e mulleres donas das súas decisións.
Para poder asistir é necesaria inscrición previa.
Presentación do Cómic Dinocarreras deLucía Cid. 28 de marzo, 19.00 h
A biblioteca municipal do Grove acolleráa presentación do último traballo da autora Lucía Cid. Está dirixido a público infantil a partir de 8 anos
Lucía Cid é unha ilustradora e autora debanda deseñada nacida en Ourense e con residencia actual no Grove.
A xoven historietista idea un mundo no que os dinosaurios nunca se extinguiron e conviven cos seres humanos. «No fondo da aventura hai temas que se tocan, coma a falta de comunicación da moza protagonista cos seus pais ou como se ve atrapada na rutina dos seus traballos», explica Lucía, que escribe e debuxa os seus propios guións.

