Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A XIII EDICIÓN DO CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY

Fecha: 2025-05-07

O Grove, 7 de maio de 2025.- O Concello do Grove convoca a décimo terceira edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3000,00 €.

 

Neste nova edición do certame pode participar calquera persoa maior de idade que presente unha obra inédita e orixinal da súa autoría, cunhas dimensións comprendidas entre  60 x 50 e150 x 150, realizada con técnica e estilo libre. A temática terá que estar relacionada co paisaxe natural e urbano do Grove e as súas xentes.

 

Todas e todos os interesados en participar, poden facer a súa inscrición aportando unha fotografía da obra en formato dixital acompañada dafolla de inscrición que pode descargarse no enlace da Sede electrónica do Concello do Grove ,ata o 30 de setembro de 2025, no correo electrónico casadacultura@concellodogrove.es oua través do enderezo postal Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, Monte da Vila,11, CP 36980 O Grove (Pontevedra).

 

Un xurado composto por profesionais do mundo da arte, realizará unha preselección que se  comunicará ás persoas interesadas no mes de outubro. Os artistas seleccionados deberán enviaras súas obras que formarán parte da exposición do concurso e do ‘Catálogo 2025’.De esa preselección sairá a obra gañadora do 2025.