Clases de padel VERAN 2025
Fecha: 2025-05-27
O Concello do Grove, a través da Concellería de Deportes, pon en marcha as clases de pádel durante os meses de xullo e agosto, unha proposta orientada a fomentar a actividade física e os hábitos de vida saudables entre a veciñanza.
A actividade desenvolverase en horario de mañá, de luns a venres, nas pistas do Pavillón de Deportes Novo. Está dirixida a nenos e adultos a partir dos 6 anos, e os grupos serán organizados por idades co fin de garantir unha experiencia segura e adaptada ao nivel de cada participante.
As inscricións estarán abertas a partir do luns 2 de xuño, no Rexistro do Concello (planta baixa do edificio administrativo), en horario de 9.00 a 14.00 h, ou tamén a través da sede electrónica.
O formulario de inscrición poderá recollerse na entrada do edificio administrativo ou descargarse a continuación
O Concello anima á cidadanía a participar nesta iniciativa, pensada para desfrutar do deporte tamén nos meses de verán.
Formulario de inscrición – Clases de pádel de verán
