Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar (Curso 2025-2026)

Fecha: 2025-06-02

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa de que, entre os días 2 e 30 de xuño de 2025, permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes das axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao curso académico 2025-2026.

Estas axudas van dirixidas ao alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, que curse estudos en centros sostidos con fondos públicos situados no termo municipal do Grove.

A concesión das axudas estará condicionada ao nivel de ingresos da unidade familiar, segundo os criterios establecidos nas bases reguladoras.

Documentación requirida:

  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante.

  • Fotocopia completa do libro de familia.

  • Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos Sociais).

  • Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentemente a declaración da renda do exercicio 2024).

  • Xustificante de matrícula do curso 2025-2026.

  • Contrato ou recibo de alugueiro da vivenda habitual, ou xustificante de pagamento da hipoteca.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes poderán presentarse a través de:

  • A Sede Electrónica do Concello do Grove, empregando certificado dixital ou Chave 365

  • O Rexistro Municipal situado na planta baixa do Edificio Administrativo (Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3), en horario de atención ao público.

MODELO SOLICITUDE AXUDAS ANEXO I

Para calquera dúbida ou aclaración, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais.