Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Convocatoria para a adxudicación de servizos de tempada nas praias de O Grove 2025–2027

Fecha: 2025-06-23

O Concello do Grove informa da apertura do prazo de presentación de ofertas para a adxudicación das autorizacións municipais para a explotación de servizos de tempada nas praias do municipio, correspondente ás tempadas 2025, 2026 e 2027.

A convocatoria inclúe a autorización para a instalación e explotación dos seguintes servizos:

  • Quiosco con terraza na praia da Lanzada (zona do aparcadoiro central)

  • 100 hamacas na praia da Lanzada (zona centro)

  • Actividade de paddle surf na praia de Area de Reboredo

  • Actividade de kaiaks na praia de Lavaxeira

As autorizacións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e por un período comprendido entre o 1 de maio e o 15 de outubro de cada tempada. Os interesados deberán cumprir cos requisitos establecidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT), dispoñibles para a súa consulta na sede electrónica do Concello do Grove:
https://concellodogrove.sedelectronica.gal

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO núm. 118 do 23 de xuño de 2025).

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para máis información ou aclaracións, os interesados poden dirixirse ao Departamento de Secretaría do Concello, no edificio administrativo, ou contactar a través do correo electrónico:
contratacion@concellodogrove.es
986 730 975

Documentación

PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA ADXUDICACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS DE UTILIZACIÓN PRIVATIVA DO DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE PARA INSTALACIÓN DE SERVIZOS E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPADA EN PRAIAS DO GROVE NOS ANOS 2025-2027

PREGO DE CLAÚSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES (PCAP)