Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Actividade de Taichi durante o verán de 2025

Fecha: 2025-06-24

O Concello do Grove organiza unha nova edición da actividade de Taichi dirixida á veciñanza durante os meses de verán. Trátase dunha proposta pensada para promover o benestar físico e emocional a través do movemento consciente e a práctica en grupo.

As sesións desenvolveranse os martes e os xoves, durante os meses de xullo e agosto, en horario de 20:00 a 21:00 horas, no espazo exterior do Antigo Colexio das Monxas.

A participación é libre e non require inscrición previa, estando aberta a todas as persoas que desexen achegarse á práctica do Taichi ou continuar coa súa rutina de exercicio neste ámbito.

O Concello convida a toda a cidadanía a aproveitar esta oportunidade para coidar do corpo e da mente durante a tempada estival.