O CONCELLO DO GROVE POTENCIA O ESPAZO DAS SALGADEIRAS DE MOREIRAS CON ENTRADA LIBRE E DIVERSAS ACTIVIDADES CULTURAIS.
Fecha: 2025-06-27
O Grove, 27 de xuño2025.- O martes 1 de xullo reabre as súas portas ao publico o Museo das Salgadeiras de Moreiras.
As instalacións poderán visitarse de martes a domingo en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30. Así mesmo, previa petición, realizaranse visitas guiadas ás 11.30 h e ás 18.00 h.
O Concello do Grove quere potenciar o coñecemento e visita deste importante espazo etnográfico polo que, durante todo o verán de 2025, a entrada será gratuíta para todas as persoas visitantes.
As Salgadeiras de Moreiras tamén adquiren dentro da programación cultural de verán un especial protagonismo e o espazo acollerá diversas actividades e concertos de diferentes estilos musicais organizadas polo Concello do Grove e por outras entidades e colectivos.
O xoves 10 de xullo, a partir das 22,00 h, representarase na Salgadeira Vella de Moreiras a obras “Costa da morte: cartografía dun naufraxio” do Centro Dramático Galego en coprodución con Mariña Lestón. Peza de carácter dramático formulada como unha viaxe sobre a historia do noso mar, a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo, que permiten ao espectador habitar en memoria. A entrada é libre ata completar aforo.
O xoves 24 de xullo, a partir das 21.00 h, achegarase a Moreiras a música tradicional galega das cantareiras da man do grupo local Cinco en Zocas.
O xoves 14 de agosto, tamén a partir das 21.00 h, será a quenda da música de Carolina Rubirosa e Rafa Otero.
Os martes 15 e 29 de xullo a Asociación de Amigos das Salgadeiras de Moreiras, en colaboración coa UNED e o Concello do Grove ofrecerá as xornadas de Elaboración tradicionalda sardiña salgada: Facémola chanca e Cargámolo morto.
O sábado 16 de agosto a agrupación Mekpoetic, coa colaboración do Concello do Grove, organizou unha festa poético musical “Versos nas Salgadeiras”.
O 22 de agosto, a partir das 20.00 h, o espazo acollerá o espectáculo de danza Alleo + Trïade do Colectivo Glovo. Este evento forma parte do ciclo de Artes Vivas da 32 Bienal de Pontevedra organizado polo Museo e Deputación de Pontevedra.
