Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Apertura de licitación para a adxudicación das escolas de surf na Lanzada 2025-2028

Fecha: 2025-07-01

O Concello do Grove abre o procedemento de licitación para a adxudicación das autorizacións administrativas que permitirán a instalación e explotación de escolas de surf na praia da Lanzada durante as tempadas de verán dos anos 2025 a 2028.

Este procedemento realizarase en réxime de concorrencia competitiva, co obxectivo de garantir a máxima transparencia e igualdade de oportunidades entre as persoas ou entidades interesadas.

Obxecto da licitación:

  • Posto Escola de Surf na Lanzada (zona Norte “Sanatorio”): ocupación de 50 m² (20 m² pechados + 30 m² abertos). Canon mínimo: 3.000 €/tempada.

  • Posto Escola de Surf na Lanzada (zona Sur): ocupación de 50 m² (20 m² pechados + 30 m² abertos). Canon mínimo: 6.000 €/tempada.

Cada licitador só poderá optar a un dos postos ofrecidos, co fin de fomentar a maior concorrencia posible.

Prazo de presentación:
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello do Grove ou por correo postal no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO nº 124 do martes 1 de xullo de 2025).

Documentación a presentar:
As propostas deberán entregarse en dous sobres pechados:

  • Sobre A: incluirá a declaración responsable (Anexo I) e o xustificante da fianza provisional.

  • Sobre B: conterá a oferta económica e as melloras propostas no servizo (Anexo II).

Toda a información sobre os requisitos técnicos, administrativos, criterios de valoración e anexos descargables está dispoñible a continuación:

DESCARGA DE DOCUMENTACION

[Prego de cláusulas administrativas e técnicas (PCAP e PPT)]
[Anexo I - Declaración responsable]
[Anexo II - Modelo de proposta]
[Resumo dos criterios de valoración e prazos]