Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE INICIARÁ NO MES DE OUTUBRO UNHA NOVA ETAPA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA NA REDE DE BIBLIOTECAS

Fecha: 2025-09-10

O Grove, 10/09/2025.- O Concello do Grove iniciará no mes de outubro diversas actividades para o fomento da lectura na Rede de Bibliotecas do Grove.

Visitas escolares na Biblioteca Municipal do Grove e na Axencia de Lectura de San Vicente

Actividades deformación de usuarios/as destinadas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos da vila. Desenvolveranse en dúas modalidades:

·        Visita do alumnado ás bibliotecas para achegar a rapazada ao mundo máxico dabiblioteca dunha forma lúdica e divertida, coñecendo de primeira man as instalacións, os fondos e o funcionamento dunha biblioteca. Estas actividades veñen acompañadas dalgunha actividade ou taller relacionado coa animación lectora onde escoitarán contos en diferentes formatos e realizarán actividades relacionadas con ese conto.

·        Visita da biblioteca aos centros educativos. Actividade de formación de usuarios e animación lectora onde pretendemos achegar a biblioteca e a lectura aos mais pequenos que se realizarán nos propios centros educativos, nas súas bibliotecas. Estas visitas veñen acompañadas dalgunha actividade ou tallerrelacionado coa animación lectora onde se len contos en diferentes formatos e serealizan  actividades relacionadas co conto lido.

Club de lectura “Café con libros” parapersoas adultas.

Esta actividade dará comezo o 9 de outubro e reunirá todos os xoves na Biblioteca Municipal a un grupo de lector@s co fin de debater e comentar o mesmo libro, en sesións de unha duración aproximada de hora e media nun ambiente distendido, de respecto, pero sobre todo lúdico, creando un clima de esparexemento que convida a divertirse.

Ademais de potenciara lectura e o coñecemento da literatura, esta actividade pretende facilitar a socialización das participantes, o crecemento persoal e mellorar a súa calidade de vida dándolles a coñecer a Biblioteca como un equipamento que lles ofrece uns recursos e servizos axeitados ás súas necesidades e intereses e vinculalas a novas contornas, facilitándolles diferentes vivencias e experiencias tales como encontros con autoras e autores, actividades literarias contextualizadas nas propias contornas e o coñecemento da cultura a través de actividades lúdicas.

Club de lectura infantil

Actividades de animación lectora que teñen como obxectivo potenciar a imaxinación e a creatividade, ademais de mellorar o léxico e as formas de expresión. Reúnense cada quince dias para comentar o libro elixidode lectura. Os nenos e nenas son capaces de compartir con outros compañeiros as impresións e emocións xeradas pola lectura dos libros e realizar diferentes actividades.

Esta actividade de animación lectora, que está dirixida á rapazada de 8 a 12 anos, dará comezo o venres 10 de outubro e as sesións terán lugar cada 15 días en horario de 18.30a 20.00 h para comentar o libro elixido de lectura.

Bibliotequeando

Actividades de animación lectora para a rapazada de 4 a 7 anos que terán lugar na Biblioteca Municipal do Grove todos os venres, de outubro a decembro,  en horario de 16.30 a 18.30 h.

Estas actividades, financiadas polo Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra,  darán comezo o venres 10 de outubro co obxectivo de chegar a lectura aos máis pequenos dunha forma amena e  divertida para potenciar a súa creatividade e imaxinación. Despois da lectura ou representación dun conto, faranse actividades relacionadas coa historia narrada.

Día da Biblioteca

Ademais de todas estas actividades de animación, a Rede de Bibliotecas do Grove ten preparadas actividades para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro).

·        Xoves 15 de outubro, ás 11.30 h na Axencia de Lectura de San Vicente a través do programa“Ler conta moito” ofrecerase un espectáculo para a rapazada do CEIP As Bizocas

Espectáculo “ Contamos contos de lobos?” a cargo de Teatro Ghazafelhos

·        Venres 24 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove

Contacontos “Sabela e o paxaro máxico” a cargo de Tarabelos

Dirixido a público infantil a partir de 4anos.

 

As actividades son gratuítas e, para poder participar nelas,  é necesaria inscrición previa na spropias bibliotecas, no tfno. 986732341, no e-mail biblioteca@concellodogrove.es ou nas Redes Sociais.


cartel


cartel


cartel