A CASA DA CULTURA “MANUEL LUEIRO REY” REABRE AO PÚBLICO O LUNS 19 DE XANEIRO CON TODOS OS SERVIZO Á CIDADANÍA
Fecha: 2026-01-16
Durante esta semana procedeuse á limpeza de teitos e paredes, á organización da maior parte das salas e á recolocación de estanterías e libros. Desta forma, a Biblioteca Municipal do Grove poderá reabrir ofrecendo todos os servizos á cidadanía, a partir do vindeiro luns, e co horario habitual de 10.00 a 13.30 h e de 16.00 a 20.00 h.
Nos vindeiros días procederase ao remate das obras e ao acondicionamento de dúas salas que requiren traballos de reparación e pintura, pero que non interfiren nin comprometen o normal desenvolvemento dos servizos.
Durante os últimos anos, a Casa da Cultura presentaba graves problemas de filtración de auga e humidade que afectaban aos servizos e ás coleccións, polo que foi necesario realizar unha reforma integral da cuberta para acabar cos problemas e acadar unha mellor anos servizos.