Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

A CASA DA CULTURA ACOLLE O ACTO DE ENTREGA DO XXXI PREMIO “MANUEL LUEIRO REY” A JOSÉ CAROU

O Grove, 19/01/26.- O Concello do Grove acolle o venres 23 de xaneiro unha importante cita a nivel cultural.

O venres 23 de xaneiro, a Casa da Cultura converterase no escenario da entrega do XXXI premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey” a José Carou Rey pola obra “Ventre de Madeira”.

Este evento que, nun principio tiña que celebrarse a finais de 2025, tivo que adiado por mor das obras na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”.

O acto contará coa intervención da tenente de alcalde, María Ángeles Domínguez Fernández, da concelleira de cultura, Mª Pilar Galiñanes Castro, de Armando Requeixo, membro do xurado, eun representante da editorial Xerais.

A xornada estará amenizada con intervencións musicais de alumnado da Escola de Música do Grove.

Ao acto asistirán familiares e amigos de Manuel Lueiro Rey, membros do xurado e membros da corporación.

Oconcello do Grove quere agradecer a colaboración da Deputación provincial de Pontevedra na financiación deste importante certame.

Animamos a todas as veciñas e veciños da vila a que participen connosco nesta importante cita cultural.


Todas as novas