O GRAN ENTROIDO MECO 2026 DESENVOLVERASE DO 12 AO 21 DE FEBREIRO
Fecha: 2026-01-26
O Grove, 26/01/2026.- O Gran Entroido Meco do Concello do Grove desenvolverase do 12 ao 21 de febreiro de2026.
O programa dará comezo o xoves 12 de febreiro co xa tradicional xoves de comadres e compadres en diferentes establecementos da vila. A noite do venres tamén se celebrarán actos en diferentes establecementos.
As Bases do Festival de Comparsas e do Desfile do Martes de Entroido xa se poden consultar na sede electrónica do Concello do Grove.
Festival de comparsas
Xa o sábado 14, terá lugar “O Festival de comparsas 2026” que este ano celebrarase, de novo, no Auditorio do Grove. As entradas poderán adquirirse o propio sábado 14 no Pavillón Municipal dos Deportes en horario de 10.30 a 14.00 h.
O Festival transmitirase en directo e, así mesmo, colocarase unha pantalla na zona exterior do Auditorio para que todas e todos poidan seguilo en tempo real.
Establécense os seguintes premios:
Primeiro: 1.200 €, diploma, e bandeira
Segundo: 1.000 € e diploma
Terceiro: 900 € e diploma
Cuarto: 650 € e diploma
Quinto: 550 € e diploma
Sexto: 450 € e diploma
Resto de participantes: Accésit 350 € e diploma
Domingo de Entroido
O domingo 15 de febreiro, aqueles que non puideran asistir ao Festival de Comparsas, poderán ter a ocasión de escoitalas na ruta das comparsas polos bares do Grove.
Pola tarde terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes, a partir das 17.00h, o Festival Infantil de Disfraces amenizado por Javi Solla e ofrecerase pintacaras, maquillaxe glitter así como chocolate con churros e palomiñas para as persoas asistentes.
Gran Marcha do Entroido Meco
O martes 17 de febreiro celebrarase a Gran Marcha do Entroido Meco durante o cal se repartirán 7.125,00 € en premios.
Categoría | Subcategoría | Premio | Contía (euros) |
Adultos (máis de 14 anos) | Grupos de máis de 12 | Primeiro | 1000 |
Segundo | 700 | ||
Terceiro | 500 | ||
Grupos de ata 12 | Primeiro | 800 | |
Segundo | 500 | ||
Terceiro | 300 | ||
Parellas | Primeiro | 200 | |
Segundo | 150 | ||
Terceiro | 100 | ||
Individuais | Primeiro | 150 | |
Segundo | 100 | ||
Terceiro | 50 | ||
Infantil (ata 14 anos) | Grupos | Primeiro | 800 |
Segundo | 500 | ||
Terceiro | 300 | ||
Parellas | Primeiro | 200 | |
Segundo | 150 | ||
Terceiro | 100 | ||
Individuais | Primeiro | 150 | |
Segundo | 100 | ||
Terceiro | 50 | ||
Choqueiros |
| Primeiro | 100 |
Segundo | 75 | ||
Terceiro | 50 |
Para facilitar a participación no concurso, se permitirá a inscrición on line a través do correo electrónico entroidodogrove@concellodogrove.es ata o domingo 15 de febreiro. As follas de inscrición poderán descargarse na páxina Web do Concello, na páxina de Facebook ou solicitalas a través do citado correo electrónico.
A entrega de Premios terá lugar o mesmo martes 17 de febreiro nunha Festa con animación do DJ Studio 21 a partir das 20.30 h no Pavillón Municipal dos Deportes.
Enterro da sardiña
O venres 20 de febreiro instalarase a capela ardente na Praza de Arriba para velar á finada e ás 20.00h sairá a comitiva fúnebre, desde a Praza do Corgo ata o lugar de incineración,e entregarase o “Choqueiro Maior”.
Entroido en San Vicente
O sábado 21 de febreiro celebrarase a partir das16.00 h a Concentración de Choqueiros, queima do vimbio e actuación de comparsas en San Vicente. Organizado pola Asociación Roza do Pedrol coa colaboración do Concello do Grove.

