Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A CASA DA CULTURA MANUEL LUEIRO REY ACOLLE O ACTO DE ENTREGA DO II PREMIO “LUÍS REI” A MARÍA DE LOS ÁNGELES VEREA CASTELO

Fecha: 2026-03-23

O Grove, 23/03/2026.- O Concello do Grove acolle o venres 27 unha importante cita a nivel cultural, durante a cal poderase gozar coa historia, a investigación e a música.

O venres 27 de marzo, a partir das 20.30 h, a Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” acollerá o acto de entrega do “II Premio de investigación e cultura marítima Luís Rei” a María de los Ángeles Verea Castelo, gañadora desta segunda edición co traballo  “De salinas a barreiras. Desenvolvemento e consolidación da industria de cerámica en Sanxenxo (Séculos XVIII, XIX e XX)”.

O acto, dirixido pola Concelleira de Cultura Mª Pilar Galiñanes Castro, contará coa intervención do alcalde do Grove, Jose A. Cacabelos Rico,  de Francisco Fernández Rei en representación do xurado, e de representantes de Culturmar.

Esta xornada estará amenizada con intervencións musicais de alumnado da Escola de Música do Grove.

O Concellodo Grove quere agradecer a colaboración da Deputación provincial de Pontevedra na financiación deste importante certame.

Animamos a todas as veciñas e veciños da vila a que participen connosco nesta importante cita cultural.


convite