O Concello do Grove anuncia as persoas gañadoras do XV Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres
Xa coñecemos as obras gañadoras do XV Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres 2026!
Desde a Concellería de Igualdade do Grove queremos dar os parabéns aos tres premiados desta edición:
Primeiro Premio (350 euros): "Al mal tiempo, buena cara", de José Luis Millán Coira (Vilagarcía de Arousa).
- Segundo Premio (250 euros): "Trabajadora de la cal", de Javier Ferrer Chust (Vila-Real, Castellón).
Terceiro Premio (150 euros): "Mans de sabedoría", de José Luis Méndez Fernández (Santa Cruz de Tenerife).



Moitísimas grazas a todas as persoas que participastes por amosar o voso talento e o voso compromiso a través do obxectivo.