Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre a consulta pública para regular o estacionamento e pernoita de autocaravanas, campers e caravanas

Fecha: 2026-04-27

O Concello do Grove inicia o trámite de consulta pública previa para a elaboración da futura Ordenanza Municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos tipo camper e caravanas no municipio.

Esta iniciativa ten como obxectivo contar cunha normativa específica que permita ordenar esta actividade nas vías e espazos públicos municipais, mellorar a seguridade xurídica, protexer os espazos municipais e establecer garantías tanto para as persoas usuarias como para a cidadanía en xeral.

A futura ordenanza tamén busca favorecer un desenvolvemento turístico ordenado, regulando aspectos como as zonas reservadas de estacionamento, os puntos de reciclaxe e os requisitos para a súa instalación e funcionamento.

As persoas, entidades, organizacións e asociacións interesadas poderán facer chegar as súas achegas durante o prazo de dez días, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio na sede electrónica municipal, polos medios previstos na Lei 39/2015.

Consulta aquí o anuncio completo:

Ordenanza autocaravanas, vehículos camper e caravanas