O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A XXXIII EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA “MANUEL LUEIRO REY”
Fecha: 2026-05-13
- O prazo para a presentación dos traballos remata o 15 de setembro de 2026
O Grove, 13/05/2026.- O Concello do Grove convoca a XXXIII edición do premio de novela curta Manuel Lueiro Rey.
O luns 11 de maio saíu publicado no BOPPO o extracto dasBases da XXXIII Edición do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey, premio literario convocado polo Concello do Grove dende 1992, e que conta coa financiación do Plan Máis Provincia da Deputaciónde Pontevedra.
O obxectivo da convocatoria é honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita en galego e na divulgación dos seus autores. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións Xerais de Galicia.
Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega. As bases, quexa se poden consultar na sede electrónica do Concello do Grove, establecen o prazo límite de presentación dos traballos o 15 de setembro. Os textos presentados terán unha extensión mínima de cincuenta (50) páxinas e unha extensión máxima de cen (100) páxinas tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, escritos en letra Arial, tamaño doce(12), espazamento entre liñas de 1,5 (espazo e medio) e as follas deberán estar paxinadas.
O xurado estará composto por cinco persoas, unha delas será o gañador da XXXII edición do premio, Óscar Manuel Guzmán Álvarez, pola obra “Só os mortos saben a verdade”, e os outros catro compoñentes serán especialistas en literatura e crítica literaria. O premio único outorgarase por maioría simple de votos.
