Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

ESTE VERÁN, O PÁDEL TEN PISTA NO GROVE!

Este verán, o pádel volve ao Grove cunha proposta para moverse, aprender e pasalo ben durante os meses de xullo e agosto.

As clases están pensadas para nenos, nenas e persoas adultas a partir dos 6 anos, tanto para quen queira iniciarse como para quen xa teña ganas de seguir mellorando. 

Os grupos organizaranse por idades e nivel, para que cada participante poida gozar da actividade ao seu ritmo.

Lugar: pistas do Pavillón de Deportes Novo
Horario: polas mañás
Días: de luns a xoves

As inscricións abriranse o martes 2 de xuño, realizarase a través da SEDE ELECTRÓNICA ou be no Rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 h.

O formulario estará dispoñible na entrada do edificio administrativo e tamén online.

Este verán, cambia a rutina por unha pa, unha pista e moitas ganas de pasalo ben.
Agardámoste nas clases de pádel!

Folla inscricion padel VERAN f


Todas as novas