O CONCELLO DO GROVE INICIARÁ NO MES DE OUTUBRO UNHA NOVA ETAPA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA NA REDE DE BIBLIOTECAS
Fecha: 2026-09-21
O Grove, 21/09/2026.- O Concello do Grove iniciará no mes de outubro diversas actividades para o fomento da lectura na Rede de Bibliotecas do Grove.
Visitas escolares na Biblioteca Municipal do Grove
Actividades deformación de usuarios/as destinadas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos da vila. Desenvolveranse en dúas modalidades:
· Visita do alumnado ás bibliotecas para achegar a rapazada ao mundo máxico da biblioteca dunha forma lúdica e divertida, coñecendo de primeira man as instalacións, os fondos e o funcionamento dunha biblioteca. Estas actividades veñen acompañadas dalgunha actividade ou taller relacionado coa animación lectora onde escoitarán contos en diferentes formatos e realizarán actividades relacionadas con ese conto.
· Visita da biblioteca aos centros educativos. Actividade de formación de usuarios e animación lectora onde pretendemos achegar abiblioteca e a lectura aos mais pequenos que se realizarán nos propios centros educativos, nas súas bibliotecas. Estas visitas veñen acompañadas dalgunhaactividade ou taller relacionado coa animación lectora onde se len contos endiferentes formatos e se realizan actividades relacionadas co conto lido.
Club de lectura “Café con libros” para persoas adultas.
Esta actividade dará comezo o 9 de outubro e reunirá todos os xoves na Biblioteca Municipal a un grupo de lector@s co fin de debater e comentar o mesmo libro, en sesións de unha duración aproximada de hora e media nun ambiente distendido, de respecto, pero sobre todo lúdico, creando un clima de esparexemento que convida a divertirse.
Ademais de potenciara lectura e o coñecemento da literatura, esta actividade pretende facilitar a socialización das participantes, o crecemento persoal e mellorar a súa calidadede vida dándolles a coñecer a Biblioteca como un equipamento que lles ofrece uns recursos e servizos axeitados ás súas necesidades e intereses e vinculalas a novas contornas, facilitándolles diferentes vivencias e experiencias tales como encontros con autoras e autores, actividades literarias contextualizadas nas propias contornas e o coñecemento da cultura a través de actividades lúdicas.
Clubs de lectura “Peque lectores” e “Os Guays”
Actividades de animación lectora que teñen como obxectivo potenciar a imaxinación e a creatividade, ademais de mellorar o léxico e as formas de expresión. Reúnense cada quince dias para comentar o libro elixido de lectura. Os nenos e nenas son capaces de compartir con outros compañeiros as impresións e emocións xeradas pola lectura dos libros e realizar diferentes actividades.
O club de lectura infantil “Peque Lectores” está dirixido á rapazada de 8 a10 anos e o club de lectura xuvenil “os Guays” que está dirixido á rapazada de11 a 14 anos e terán lugar os venres, cada 15 días.
Día da Biblioteca
Ademais de todas estas actividades de animación, a Rede de Bibliotecas do Grove ten preparadas actividades durante todo o mes de outubro para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro).
· Venres 9 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove, a través do programa “Ler conta moito”.
Obradoiro creativo ”Monicreques de calcetín” a cargo de Galitoon e dirixido a público infantil de 4 a 8 anos
· Venres 16 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
Contacontos “Aprendendo a querer” a cargo de TrinketrinkeTeatro. Contacontos teatralizado a cargo dos ratos de Lonxedetodo e dirixidoa público infantil a partir de 4 anos.
· Venres 23 de outubro, 17.30 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”, a través do “Programa+ Música” da Deputación de Pontevedra
“Berce do Son” a cargo da violoncellista Susana Blanco encolaboración con Katerina Linke. Trátase dunha proposta musical inmersiva para pequenos de 1 a 4 anos acompañados por un adulto, cunha mestura de instrumentos acústicos enfocada aos mais pequenos. Nesta viaxe inmersiva se misturan obras clásicas con arranxos propios e de doada dixestión para os nenos xunto a creacións propias con sonoridades suaves e divertidas que convidan a bailar, cantar e xogar.
O relato mestura música e peluches e nel ocorren cousas máxicas. Animais terrestres e mariños teñen un desexo que parece estar fóra do seu alcance, pero aprenderemos que todos xuntos podemos axudarlles a cumprilos.
· Venres 30 de outubro, 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
“Quen dixo medo” a cargo de Barafunda. Espectáculo de movemento e clown ambientado nas historias da noite de Samaín con xogos musicais, globos e efectos durante o cal dúas personaxes farán unha terrorífica sesión de sorrisos e a rapazada bailará como e xogará a ser auténticos monstros. Dirixido a público infantil a partir de 5 anos.
As actividades son gratuítas e, para poder participar nelas, é necesaria inscrición previa na propia biblioteca, no tfno. 986732341, no e-mail biblioteca@concellodogrove.es ou nas Redes Sociais.


