Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

A CASA DA CULTURA “MANUEL LUEIRO REY” ACOLLERÁ O ACTO DE ENTREGA DO XXXII PREMIO DE NOVELA CURTA “MANUEL LUEIRO REY” O 23 DE OUTUBRO

O Grove, 19/10/2026.- O venres 23 de outubro, a partir das 20.00h, a Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” acollerá o acto de entrega do XXXII Premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey” a Óscar Manuel Guzmán Álvarez, gañador da edición coa obra Só os mortos saben a verdade publicado por Edicións Xerais de Galicia.

O acto, dirixido pola Concelleira de Cultura Mª Pilar Galiñanes Castro, contará coa intervención do alcalde do Grove, Jose A. Cacabelos Rico, e de Armando Requeixo, crítico literario e membro do xurado. A xornada estará amenizada con intervencións musicais de alumnado da Escola de Música do Grove.

Os membros do xurado, a familia de Manuel Lueiro Rey, amigos e veciñanza do Grove acompañarán ao gañador neste acto, ao que tampouco faltarán representantes de Edicións Xerais de Galicia. Agasallarase cun exemplar da obra premiada a cada un dos asistentes ao acto.

O concello do Grove tamén quere agradecer a colaboración da Deputación provincial de Pontevedra na financiación deste importante certame.

Animamos a todas as veciñas e veciños da vila a que participen connosco nestas importante cita cultural.

convite

Todas as novas