Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Feito co Mar promove encontros informativos sobre formación e emprendemento no sector pesqueiro

O proxecto Feito co Mar, centrado na transformación e valorización dos produtos pesqueiros, organiza unha serie de encontros informativos para dar a coñecer os seus Viveiros Formativos de Emprendemento.

Esta iniciativa, impulsada polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), busca ofrecer oportunidades de formación e emprendemento ás persoas interesadas na elaboración e transformación de produtos do mar, como conservas, salgados, afumados, patés ou produtos desecados.

Os encontros informativos, abertos ás persoas interesadas en coñecer o programa, celebraranse nas seguintes datas e lugares:

  • Ribeira: venres 30 de outubro, ás 17.00 horas, na Praza de Abastos.

  • Boiro: venres 30 de outubro, ás 19.30 horas, no Viveiro Emprendedor.

  • Cambados: luns 2 de novembro, ás 18.00 horas, en Exposalnés.

  • Vilanova de Arousa: martes 3 de novembro, ás 12.30 horas, no Pazo Vista Real.

A iniciativa conta con financiamento europeo e da Xunta de Galicia e pretende favorecer a creación de novas oportunidades profesionais e empresariais vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro.

Máis información e contacto:

Web: https://i.gal/feitocomar

Correo electrónico: info@feitocomar.gal

Teléfono: 627 570 950

FCM presentacion


Todas as novas