Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Pleno do Concello do Grove aproba unha moción de apoio á folga xeral do 11 de novembro

O Pleno do Concello do Grove, na sesión celebrada o pasado 3 de novembro de 2026, aprobou unha moción conxunta presentada polos grupos municipais de Esquerda Unida (EU) e do Bloque Nacionalista Galego (BNG), en apoio á folga xeral convocada para o 11 de novembro e en defensa do dereito a unha vida digna.

O acordo recolle diversas reivindicacións relacionadas co acceso á vivenda, a mellora das condicións laborais, os salarios e as pensións, a redución do custo da vida e a defensa dos servizos públicos.

Para facilitar a consulta pública, achégase o certificado do acordo plenario, no que se recolle o contido íntegro da moción e os acordos adoptados.

Descarga o certificado de acordos


Todas as novas