Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

ANDRÉS GABARRES CAGIAO GAÑA A XIV EDICIÓN DO CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY COA OBRA “TREGUA”

O Grove, 26/11/2026.- Andrés Gabarres Cagiao, pintor e artista plástico ferrolán residente en Madrid, ven de gañar a XIV Edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday.

O Concello do Grove convocou a décimo cuarta edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3.000,00€. Asemade, grazas a un convenio colaboración do Concello do Grove coa Asociación Española de Pintores e Escultores, entidade da que foi membro Ernesto Goday, o gañador tamén recibirá o Premio da Asociación consistente en medalla e diploma.

O xurado do premio, composto por Rosa Villaronga Goday, Sebas Anxo e Amelia Palacios, reuniuse na tarde do 25 de novembro para dtaminar esta XIV edición do Concurso.

Despois de deliberar, o Xurado acordou declarar como gañadora da presente edición a obra presentada baixo otítulo “Tregua” e o autor da obra gañadora resultou ser Andrés Gabarres Cagiao.

Ao concurso presentáronse un total de 45 obras das que 11 foron seleccionadas para formar parte dunha exposición, que poderá ser visitada na Casa da cultura “Manuel Lueiro Rey” desde hoxe, 26 de novembro, ata finais do mes de xaneiro. Así mesmo, estase a editar o catálogo desta exposición, que estará dispoñible en breve.

Tregua

Todas as novas